Edicións anteriores

 EDICIÓN 2012

A segunda edición do festival tivo lugar os días 13, 14 e 15 de Setembro involucrando a 33 artistas de 

diferentes disciplinas relacionadas coa danza.

A Praza de Santa Eufemia foi o punto e inicio, como cada ano, dos diferentes percorridos que o público trazou   o longo do casco vello da cidade seguindo os espectáculos programados.

Os aspectos mais salientables e novedosos desta segunda edición, Corpo(a)terra 2012, foron:
1. Convocatoria de Residencia Artística Corpo(a)terra, concedida á artista irlandesa Liadain S. Herriot.
2. A integración da arte antiurbana do artista “Peri”. 
3. A inclusión na programación dun ciclo de videodanza exposto no Museo Municipal de Ourense, no café cultural Auriense e no Campus de Ourense ( Universidade de Vigo).
4. A colaboración con músicos da comarca e do extranxeiro: Cró!, The Tetas´ Van, Orquesta de improvisación.



PROGRAMACIÓN DO FESTIVAL

Como cada ano, se aproveitaron os días de programación para devolver á cidade o traballo de artistas e compañías Ourensanas. Este ano presentamos o traballo de catro delas: Repetindo en corpo(a)terra; Pisando Ovos e Patricia Varela. Ademáis, a artista ourensana Paula Quintas, recén chegada de Londres. E a cía trasPediante  co seu espectáculo "Baleadas" en formato longo.

Contamos con artistas internacionais, como a arxentina Xenia Tartari que presentou unha proposta que mistura claqué, voz e ritmos coa artista Sandra Varela en “La tapadera”. As cubanas, Cía Entremáns; e por último a irlandesa Liadan Herriot, receptora da residencia artística.

Tamén nos achegaremos ao movemento dende outras disciplinas como o circo, coas propostas de Pablo Trasno  e Fredi Circanelo; e dende unha vertente máis performativa-poética na proposta de  nonou Edicións.
















EDICIÓN 2011
"BUSCÁMOSLLE UN NOME!"







O blog do primeiro festival 

Así é como nacía Corpo(a)terra:


Durante os días de programación, e antes a través das redes sociales de internet: BUSCÁMOSLLE O NOME!!!





E como xa sabemos, corpo(a)terra foi o nome elexido.

Durante os días 19, 20 e 21 de Xullo puidemos gozar de todxs xs artistas convidadxs